O bono activa comercio de Galicia poderase utilizar a partir da próxima semana
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este luns a orde pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas do programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios da comunidade autónoma a través dos bonos ‘activa comercio’. Con esta orde, as axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, convócanse para o ano 2023 e ábrese o prazo para a adhesión dos comercios.
A Xunta destina 2,5 millóns de euros a este novo bono ‘activa comercio’, que se poderá utilizar, segundo anunciou o Goberno galego en días pasados, desde o próximo 15 de maio.
O obxectivo da medida é “seguir mantendo e reforzar o vínculo das familias cos comercios locais”, ademais de poñer en valor “o servizo e a calidade do pequeno comercio e traballar conxuntamente para consolidar as vendas”.
Máis información…
El bono activa comercio de Galicia se podrá utilizar a partir de la próxima semana