Últimas Noticias, Campañas

Gran acollida á xornada informativa sobre as obrigas normativas no comercio

A Asociación de Comerciantes e Empresarios do Calvario celebrou con gran éxito a xornada informativa «Obrigas Normativas no Comercio», unha sesión que reuniu a numerosos comerciantes e profesionais interesados en coñecer as últimas novidades en materia de normativa comercial, así como o funcionamento das inspeccións de traballo e sanidade. A charla, impartida por Carolina Gutiérrez Somoza, avogada e consultora de Grupo Isonor, desenvolveuse nun ambiente participativo e moi dinámico.

Durante o encontro, as persoas asistentes tiveron a oportunidade de resolver dúbidas e realizar consultas prácticas sobre as obrigas normativas que afectan aos seus negocios, recibindo información útil e actualizada para cumprir coa lexislación vixente e evitar posibles sancións. Desde a Asociación queremos agradecer a excelente acollida desta iniciativa e o entusiasmo amosado por todas as persoas participantes, que contribuíron ao éxito dunha xornada de gran interese para o comercio local.