Nova gimkana no Calvario
Coincidindo coa tempada central de primavera, imos poñer en marcha unha nova gymkana que fomente a interacción entre o pequeno comercio e todas aquelas familias que desexen participar.
Nesta ocasión, a actividade terá unha mecánica distinta á das últimas edicións. A dinámica consistirá en situar nos distintos escaparates dos establecementos participantes un produto ou artigo significativo doutro establecemento adherido á campaña, atendendo ás características propias do sector ou actividade á que pertence.
Os nenos que participen no xogo deberán situar eses obxectos ocultos nos escaparates de todos os establecementos adheridos a esta campaña.
A ginkana terá de nome ATOPAR O ARTIGO DO COMERCIO AMIGO e levarase a cabo entre o 13 de maio e o 2 de xuño.
Entre tódolos participantes que cubran correctamente a papeleta realizarase un sorteo o vindeiro 5 de xuño ás 12,00 horas, no que haberá dous gañadores . O primeiro premio consistirá nun DISPOSITIVO DE ÚLTIMA XERACIÓN, e o segundo premio será un LOTE DE LIBROS MÁIS UN CARNET VIP DE LECTOR da BIBLIOTECA XOSE NEIRA VILAS + COME E BEBE SEN LÍMITES NO DOMINO´S PARA COMPARTIR con 3 amigos/as que elixa (máis o gañador). (En ningún caso o premio trocarase por diñeiro).
Séguenos en https://www.facebook.com/CalvarioCentroComercialAberto/ para estar o día de novidades, promocións e actuacións.
As bases da promoción, pódense consultar en www.aceca-vigo.com.