Un 81,7% dos establecementos considera que o pago en metálico permítelle dirixirse a máis consumidores.
O dato corresponde ao estudo que realizou Prosegur Cash sobre a aparición de nuevo hábitos de compra. Unha das principais razóns que dan os empresarios para preferir o pago en efectivo é que este medio de pago permítelles dirixirse a un amplo conxunto de consumidores. Ademáis, segundo indican, a maioría destes comercios conta cunha base de datos de clientes que só empregan este tipo de pago.
Por sectores de actividade, os máis favorables para manter o pago en efectivo son os establecementos de venda de loterías e apostas do Estado, nun 88,7% e as farmacias, nun 85,9%. Igualmente, tamén se constatou a predilección deste tipo de pagos por parte do consumidor nos comercios de alimentación, nun 87,1%.
Un 46,9% dos comercios pensa que ao pagar en efectivo evítase o sobrecusto das comisións que comportan outros medios de pago alternativos. Así o sosteñen, principalmente, os empresarios de Castela e León e Andalucía.
No entanto, a pesar de que a maioría dos comercios prefiren o pago en efectivo, esta modalidade de pago convive con outras alternativas, como pode ser o pago con cartón de crédito.. Aínda así, o estudo elaborado por Prosegur tamén pon de manifesto a desconfianza que aínda existe en relación a outros medios de pago como o cartón. Un 29,2% dos establecementos aínda desconfía do uso de medios de pago dixitáis.