Últimas Noticias

Dan comezo os “Días Azuis” do Comercio Galego

Este mércores tivo lugar en Santiago a presentación da campaña Días Azuis, na que a Federación de Comercio colabora con Xunta e Abanca para repartir 12.000 euros e fomentar o consumo durante o verán.

Trátase da novena edición desta iniciativa comercial, que pretende dinamizar o comercio galego, especialmente tras o impacto da pandemia durante os dous últimos anos.

Esta edición desenvolverase entre este xoves 23 de xuño e o 17 xullo. Durante estas datas, os clientes que compren en establecementos de proximidade adheridos á campaña poden participar no sorteo de 12.000 euros repartidos nun total de 64 tarxetas regalo de 250 e 150 euros.

Os clientes que queiran participar deben rexistra a súa compra na web www.diasazuis.com e gardar o ticket.