Últimas Noticias

Novas estratexias de reforzo para centros comerciais abertos

A Xunta traballa para reforzar os centros comerciais abertos como espazos perfectamente identificables e atractivos para os consumidores

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, destacou onte no Parlamento, na comisión sexta de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo os próximos retos do Gobierno galego para seguir impulsando en Galicia un comercio de calidade que xere confianza e cree e fixar actividade económica no territorio. Alén apuntou que unha das prioridades é promover a revitalización e o asociacionismo entre o comercio galego para facelo máis forte e para que se poida adaptar a un contexto no que cada vez existe máis competencia.

Explicou, así, que o labor da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración centrarase en impulsar Centros Comerciais Abertos que estean perfectamente definidos, sexan identificables e específicos dentro dos espazos urbanos, e sobre os que actúe unha única asociación de comerciantes. Incidiu que sobre este eixo virará a nova estratexia de comercio sobre a que está a traballar a Xunta de Galicia. “Estamos a traballar nun novo concepto para dinamizar dunha maneira integral estes espazos contando con todos os axentes do territorio”, afirmou Alén, indicando, ademais, que a Axencia Turismo de Galicia xogará un papel importante porque estas áreas pretenden ser un recurso turístico máis para os pobos e cidades.

O director xeral lembrou que a Xunta xa destinou en 2023 un total de 2,25 millóns de euros para apoiar 51 centros comerciais abertos de cidades e pobos de Galicia e lembrou que o pasado mes de maio convocouse a orde de axudas deste ano, dotada con outros 2,25 millóns de euros para a innovación e dinamización destes centros. Son apoios que ademais de financiar custos do xerente e gastos de actividades tamén van dirixidos a mellorar a fidelización e a dixitalización con medidas como bonificacións para aparcar a través dos tickets de compra ou a través de a creación e mantemento de marketplaces, páxinas web ou mupis e sinalización dixital, entre outros.

Ler máis…