Últimas Noticias

Dan comezo os Días Azuis do Comercio Galego.

A nova edición da campaña “Días Azuis” da Xunta e a Federación Galega de Comercio sortea 20.000 euros en premios co obxectivo de dinamizar a demanda, o comercio local, reactivar o consumo e dinamizar o sector.

A campaña é froito da colaboración entre a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Comercio e conta co apoio das Federacións Provinciais de Comercio, asociacións de comerciantes, os centros comerciais abertos de Galicia e Abanca.

Esta actividade axuda a visibilizar e crear relacións de afinidade co comercio local, posicionando a súa imaxe, as súas vantaxes e características xeradoras de confianza. De feito, na edición anterior, esta campaña distribuíuse entre 160 asociacións de Galicia, chegou a 18.000 establecementos e rexistrou máis de 120.000 participacións.