A Xunta reforza o seu compromiso con con a remuda xeracional.
A Xunta reforza o seu compromiso coa competitividade e coa remuda xeracional dos negocios para afianzar a xeración de riqueza e emprego en Galicia.
O Consello do Gobierno galego aprobou unha convocatoria nova por 1,5 millóns de euros para impulsar o traspaso de negocios e garantir a súa permanencia no tecido produtivo galego, no marco do Plan de remuda da Rede de polos de emprendemento.
O Bono Remuda primará especialmente as transmisións no rural e, dentro destas, que sexan retornados ou estranxeiros quen se faga cargo das empresas que pechan por xubilación ou causas sobrevindas, co obxectivo de fixar poboación.
Tamén se deu hoxe o visto e prace ao convenio entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Federación Galega de Comercio por un importe total este ano de 690.000 euros para avanzar na innovación, dixitalización e dinamización do comercio.
Prevé consolidar unha oficina de asesoramento e formación para o mantemento dos comercios, o impulso de ferramentas como o E-Tícket Dixital e a Plataforma Ecommerce Online e diferentes iniciativas de dinamización e reactivación do consumo.
Trátase de actuacións estratéxicas para a Xunta co obxectivo de asegurar o mantemento dos negocios como vertebradores do territorio, que se complementarán con análises comarcais para determinar que actividades son imprescindibles en cada contorna.