Últimas Noticias

I Festival Vigo Rúa Máxica

O I Festival de maxia de rúa “Vigo Rúa Máxica” celébrase desde este xoves 6 ata o domingo 9 de abril en diferentes espazos da cidade da man de 9 magos «extraordinarios».

Serán catro días de ilusionismo a cargo de 9 magos en varios escenarios da cidade: Porta do Sol; Praza Independencia; Mercado Teis; Navia; Peonil do Calvario e Praza Suárez Llanos de Bouzas.

As actuacións dispostas a realizarse na peonil do Calvario serán as seguintes:

  • Xoves 6 de abril: Rey Midas. 17.30 – 18.30 h.
  • Venres 7 de abril: Mago Paco. 17.30 – 18.30 h.
  • Sábado 8 de abril: Mago Marco 17.30 – 18.30 h.

Máis información:

https://vigoplan.com/eventos/vigo-rua-maxica-concello-de-vigo/

Esperamos que gocen do espectáculo!