Campañas, Últimas Noticias

Obradoiros Familiares

O vindeiro venres 15 e o Sábado 16 , celebraremos o DIA DO PAI invitando as familias a uns Obradoiros Familiares , instalados no primeiro Andar do Mercado do Calvario .
O venres 15 dende as 17,00h ata as 20,00 horas as familias nenos e nenas , poderán crear , deseñar ou debuxar orixinais felicitacións , crachas .
O Sábado 16 dende as 10,30 h ata as 13,30 horas asemade de máis obradoiros , organizaranse actividades de animación e música a cargo do equipo de Barafunda , donde o disfrute e diversión están aseguradas .
O acceso a estas actividades estarán a disposición dos clientes no seu establecemento ou empresa de confianza asociada o Calvario CCA .
Esta campaña está financiada pola Xunta de Galicia – Dirección Xeral de Comercio .