Últimas Noticias

O mercado de O Calvario revoluciona o mundo do arte

Superado o parón de dous anos motivado pola pandemia de covid, o Mercado da Arte puido culminar a súa sétima edición. Na festividade do Día das Letras Galegas, a praza de abastos do Calvario cambiou radicalmente de xénero. Os bancales onde se exhibe habitualmente peixe foron ocupados por obras de arte e polos propios artistas. Máis se sesenta autores dedicados a campos tan variados como a ilustración, a pintura, a cerámica, a fotografía e a xoiería falaron directamente cos seus potenciais clientes durante toda a xornada.

Esta iniciativa, organizada polo colectivo denominado Non todo o peixe está vendido, trata de dar unha oportunidade aos cidadáns de coñecer a arte emerxente a nivel galego xa que houbo autores de distintos lugares de Galicia. Os organizadores tamén opinan que é unha cita interesante para as galerías de arte debida a que poden coñecer a obra de artistas nuevo.

Unha obra poxouse e os beneficios foron para a protectora de animais Os Biosbardos.

Como actividades complementarias, o Mercado da Arte ofreceu dous concertos. Pola mañá estivo Paulo Pascual, O Modulador de Ondas, co seu proxecto do thereminista. Xa pola tarde púidose ver en directo a Indy Tumbita & The Voodo Bandits e a súa descarga de cumbia psicodélica. Tamén estivo Ana Berjón co conto Os poderosos animais que che acompañan.

[La Voz de Galicia]