Os autónomos arrincan 2024 mellor do que prevían: unha 31% mellora as súas vendas e un cuarto cre que o seu negocio irá a máis.
Os autónomos están a vivir un comezo de ano mellor do que se imaxinaron hai apenas tres meses. Dentro dos problemas e a presión que sofre un colectivo que a miúdo o ten difícil para prosperar, os primeiros compases de 2024 recíbense con algo de optimismo. Así, o 30,5% dos autónomos afirma que as vendas do seu negocio aumentaron en comparación co trimestre precedente, un de cada catro cre que o seu negocio irá a mellor nos próximos meses e reduciuse a porcentaxe de traballadores do RETA que ve con pesimismo a situación económica.