Dende o 20 de setembro e o 9 de outubro de 2024 coas tuas compras nos comercios de proximidade asociados e adheridos a campaña podes resultar ganador e gañadora dun total de 11.000 euros en premios.
www.mercanoteucomerciopontevedra.com.
“A campaña terá lugar entre o 20 de setembro e o 9 de outubro de 2024 e nela poden participar todos os clientes dos comercios da provincia de Pontevedra adheridos á campaña que merquen nestas datas.
Entre eles sortearanse 11.000 euros en premios, distribuidos da seguinte maneira:
50 bonos de 200 euros: Sortearanse o 11 de outubro de 2024, e terán que empregarse para volver a mercar nos establecementos participantes na campaña ata o 15 de novembro de 2024.
1 premio de 1000€ para gastar nunha xornada de compras: Sortearase en directo entre os asistentes da gala de entrega de premios, que terá lugar o 19 de outubro.
Para participar na campaña, proporcionámoste 2 maneiras diferentes:
Rexistrar a túa compra nesta mesma páxina web www.mercanoteucomerciopontevedra.com
Coa colaboración do comerciante, sendo él o que rexistre a túa compra a través da páxina web www.mercanoteucomerciopontevedra.com/comercios. Deste xeito, ti como consumidor obterás unha participación a maiores para o sorteo.
* En ámbolos dous casos, ti como cliente debes fotografiar e/ou gardar o teu ticket de compra como xustificante da mesma.
Os gañadores dos premios serán contactados pola Federación Galega de Comercio para informarlles do premio obtido e cando será entregado. Así mesmo, os gañadores do sorteo publicaranse nesta mesma páxina web unha vez finalizada a campaña.”
Para máis Info seguenos :
https://www.facebook.com/CalvarioCentroComercialAberto