Blog
Gran acollida da campaña «Comercio Compensa»
O Centro Comercial Aberto do Calvario pecha con éxito a campaña Comercio Compensa.
O Mercado do Calvario acolleu con gran participación a campaña «Comercio Compensa», unha iniciativa impulsada pola Xunta de Galicia para promover o consumo de proximidade e fomentar hábitos de compra máis sostibles. Ao longo da xornada, centos de persoas achegáronse ao posto informativo, onde recibiron asesoramento e materiais reutilizables para favorecer un consumo responsable.
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alen Castro, tamén aproveitou a súa visita para achegarse ao posto instalado no Mercado do Calvario, onde puido coñecer de primeira man a actividade que alí se desenvolve, así como interesarse pola iniciativa e polo traballo que se está a levar a cabo neste espazo, dedicado á promoción e dinamización do comercio local.
A excelente resposta da veciñanza e dos comerciantes confirmou o éxito da iniciativa, que contribuíu a poñer en valor o papel do comercio local como motor económico e social, reforzando ademais o compromiso coa sustentabilidade e co consumo consciente.
