Últimas Noticias

Comeza a campaña “Días Azuis do comercio galego”

A exitosa campaña “Días Azuis do comerzo galego” volve con máis forza que nunca para esta Edición de Xuño 2021. A iniciativa promocional da Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia, en colaboración coas asociacións de comerciantes e centros comerciais abertos de Galicia, ten por obxetivo dinamizar o consumo do noso sector.

Esta campaña “Días Azuis do comercio galego” terá lugar entre o 7 e o 30 de xuño de 2021. Entre todos os cliente que merquen nestas datas, sortearanse 12.000 euros en premios (24 tarxetas prepago regalo de 250 euros e 40 tarxetas de 150 euros) que deberán ser empregados para volver a mercar nos establecementos tradicionais galegos. O sorteo realizarase ante notario o 5 de xullo de 2021.

Para participar, os clientes poderán rexistrar a súa compra en www.diasazuis.com a través do seu dispositivo electrónico (móbil, tablet, pc, …).

E moi importante gardar o ticket de compra ou xustificante da mesma!

O mellor que podemos facer para apoiar a campaña e incentivar o consumo no comercio de proximidade é compartir fotos das nosas compras nas redes sociais co hashtag #díasazuis.

 

Poderás atopar máis información da campaña a través de www.diasazuis.com e www.diasazuis.com/comercios

Moitas gracias, e que disfrutedes das vosas compras mentres apoiades o comercio local!