Últimas Noticias

O Calvario alberga unha xincana sobre as Letras Galegas

Os nosos amigos de A Movida han comunicado a todos os nenos do Calvario que xa poden aventurarse nesta trepidante xincana que recorda aos autores homenaxeados no Día das #LetrasGalegas.

Desde a Asociación de Comerciantes e Empresarios do Calvario organízase unha xincana para crianzas de entre 6 e 13 anos co fin de promocionar, potenciar e dinamizar o comercio local. Terá lugar ata o 25 de xuño en diferentes establecementos da zona, onde os nenos e nenas terán que responder adecuadamente as preguntas que alí atoparán.

O funcionamento é ben sinxelo: consiste en percorrer os establecementos colaboradores e a Biblioteca Municipal Xosé Neira Vilas, e responder correctamente as cuestións expostas situadas nun lugar visible do comercio. Cada adiviña revelará o nome dun litarato galardoado no Día das Letras Galegas. Unha vez respondidas correctamente todas as cuestións, os participantes deberán depositar a papeleta nunha urna instalada na sede da Asociación, situada na rúa San Roque, 109, interior local 14.

Entre todas as papeletas realizarase un sorteo o 28 de xuño no que o gañador levará un dispositivo informático de última xeración, un lote de libros, un carné VIP para a Biblioteca Neira Vilas e a oferta Come e bebe sin límites do Domino’s Pizza.