Case 4.000 autónomos galegos beneficiáronse da nova tarifa plana para este tipo de traballadores no primeiro trimestre deste ano, segundo datos da Asociación Galega de Traballadores Autónomos e do Mar (Agtamar), integrada na Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos de España (UPTA).
A nivel nacional, uns 84.780 autónomos víronse favorecidos por esta nova normativa, que consiste nunha redución aplicada sobre a cota á Seguridade Social que abonan mensualmente e que supón o pago de 80 euros mensuais durante 12 meses, ampliables a 12 meses máis, a condición de que os rendementos netos da actividade non superen o soldo mínimo interprofesional.
Máis información…