O recordo dinos que a creación do que hoxe é ACECA, non debeu ser un acto sinxelo, porque desde a creación da primeira xunta xestora, no ano 1.975, ata a creación da Asociación, transcorreu todo un ano, no que imaxinamos houbo moito esforzo polo medio.Facendo un pouco de historia podemos lembrar as persoas que desde o ano 76 ata hoxe presidiron esta Asociación.

  • Desde novembro do 1.976 ata xullo de 1.977 lembramos a Orsí Pousada Covelo.
  • Desde novembro do 1.977 ata novembro de 1.979 a José Izquierdo Soto.
  • Desde novembro do 1979 a novembro de 1.981 lembramos a Antonio da Pena Barbosa.
  • Desde esta última data e ata outubro de 1983 a Víctor Varela Ferro.
  • Desde outubro de 1.983 e ata novembro de 1.986 lembramos a Aurora Delgado Barrios.
  • Desta data a novembro de 1.991 repite de novo José Izquierdo Soto.
  • Desde novembro do 1.991 ata outubro de 1994 tamén repite Antonio da Pena Barbosa.
  • E desde outubro do 1.994 ata novembro de 2.000 ocupa a presidencia Guillermo González Costal, momento este último en que pasa a ocupar a presidencia Encarna Alvarez García.

Neste tempo ocorreron moitas cousas.

  • As urbanizacións de Jenaro de la Fuente, a de Martínez Garrido, etc.
  • A loita por manter horarios comerciais sensatos, loita na que continuamos.
  • A loita contra a implantación de grandes superficies.
  • Humanización e dinamización da zona comercial do calvario Integración na Federación de Comercio de Vigo (FECOVI) entidade que agrupa os 4 principais áreas comerciais da cidade (Bouzas, Calvario, Teis e Travesas).
  • A día de hoxe con máis de 350 establecementos asociados , a nosa é unha Asociación que ten máis obxectivos e proxectos que tempo para realizalos.

Pero non obstante isto non nos preocupa porque antes ou despois, dunha maneira ou outra os alcanzaremos.