Campañas, Últimas Noticias

“enRÚAte polo Calvario “

Dende día 1 de maio ata ó día 27 de maio , as nenas e nenos entre 5 e 13 anos (ambos inclusivos) poden participar nunha nova Ximcana.

Con “enRÚAte polo Calvario”, clientes, familias e público deben adiviñar as rúas que se esconden tralas cuestión plantexadas polos establecementos participantes.

As adiviñas estarán situadas nun lugar visible do establecemento e nos mesmos establecementos disporán de flyers de acceso para a súa participación.

Unha vez completada a papeleta, deberán depositala nunha furna instalada na sede da Asociación de Comerciantes e Empresarios do Calvario (Rúa San Roque, 109 – Interior local 14).

O dia 28 de Maio celebraráse o sorteo do que saldrán 3 gañadoras ou gañadores.

Esta campaña esta financiada pola Dirección Xeral de Comercio – Xunta de Galicia.

Consultar bases da Gymkana