Conscientes da transcendencia nunha economía que tivo , ten, e terá o pequeno e mediano comercio, concibiuse fai corenta anos a Asociación de Comerciantes e Empresarios do Calvario, co obxectivo fundamental de apoiar , revitalizar, promocionar e potenciar os pequenos e medianos establecementos comerciais e empresas emprazados no histórico barrio do Calvario.
Atendendo á realidade actual que estamos a vivir , as asociacións , administración , institucións e organizacións estamos obrigados a atopar fórmulas que defendan os intereses do sector comercial así como desenrolar actuacións, iniciativas e ideas encamiñadas a reactivar o consumo e a estimular a demanda . Xa van varios anos que contemplando a continua transformación que estabamos a sufrir ,en canto o aumento da competitividade as obrigacións financeiras , a evolución nos hábitos de consumo, desde a asociación de comerciantes e empresarios do Calvario emprendemos unha transformación do modelo comercial co obxecto de promocionar , revitalizar , potenciar e amparar o pequeno e mediano comercio.Deste xeito, fai máis de catro anos que a Asociación de Comerciantes e Empresarios do Calvario implantou o modelo de Centro Comercial Aberto do Calvario. Este modelo comercial contribuíu a transformar este histórico barrio nun dos principais eixos comerciais da cidade de Vigo.
Ao mesmo tempo as accións de estimulación , promoción e potenciación da demanda que esixe este patrón , contribuíron ao seu éxito que estamos a experimentar desde a súa implantación. Esta organización xa dispón dunha imaxe corporativa común os case trescentos membros asociados, gozamos dunha área peonil cun renovado e actual mobiliario urbano. Durante estes pasados anos procedeuse a humanización dunha parte das rúas adxacentes do Calvario, gozamos dunha ampla variedade de oferta comercial e xa dispoñemos do principal servizo para os clientes que demandabamos, o aparcamento enterrado na rúa Jenaro de la Fuente con quen establezo un importante convenio de colaboración.,
Na actualidade e atendendo as circunstancias económicas, financeiras e sociais, establecemos uns fins encamiñados a estimular a demanda atraendo , coa posta en marcha de distintas campañas , novos e potenciais clientes. A variedade de oferta , o trato personalizado , o cómodo e agradable contorna co que gozamos permítennos alcanzar os obxectivos fixados.
Mª Encarnación Álvarez García
Presidenta.