Co seu uniforme de karate e un sorriso de orella a orella, DIEGO MANTECA, alumno do colexio San Fermín, chegou o pasado xoves á sede da Asociación de Comerciantes e Empresarios do Calvario para recoller o seu premio por gañar esta nova edición da Ximkana en homenaxe ao Día das Letras Galegas, Vocablos en galego, atopalos é sinxelo.
Moitas grazas a todas as nenas e nenos participantes e ás súas familias, ao colexio San Fermín de Vigo, polas súas leccións de apoio e implicación coas actividades do barrio, e moitas grazas aos establecementos colaboradores por seguir demostrando que hai valores que non se compran… o cliente sempre os recibe.