Últimas Noticias, Campañas

ADIVIÑA O QUÉ NO CALVARIO PODES MERCAR

Dende o 1 ata o 27 abril buscamos as máis valentes , intrépidas e aventureiras familias , nenos e nenas de entre 6 e 12 anos (ambos incluidos) para descubrir o artigo , producto que se esconde tralas adiviñanzas dispostas nos establecementos e negocios colaboradores.

“ Os nenos e nenas de entre 6 -12 anos teñen ata o 27 da abril para percorrer os 17 establecementos e a Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas e descubrir os artigos / productos que se esconden nas adiviñanzas situadas nos escaparates dos establecementos .
Unha vez completado o folleto con todalas respostas , celebrarase un sorteo , o vindeiro 28 de Abril do que saldrán 4 gañadores ou gañadoras.
Esta campaña esta financiada pola Dirección Xeral de Comercio – Xunta de Galicia @Comerciogalego

VER BASES CAMPAÑA    /  VER FLYER CAMPAÑA