Últimas Noticias

A creación de empresas aumenta en Vigo o triplo que a media española.

A cidade rexistrou 171 sociedades mercantís novas no primeiro trimestre,  un 31% máis que hai un ano, mentres en Galicia e España creceron ao redor do 10%. Na comarca viguesa  naceron 233 empresas, un 20% máis que no ano anterior, mentres que a outra comarca de referencia -a coruñesa- liderou con 244 pero cun crecemento moito máis modesto, dun 9%.

Por concellos, na área viguesa encabeza Vigo cidade con 171 sociedades xunto con Porriño (16), Redondela (12) e Nigrán (10) de xaneiro a marzo.

Tamén baixan as disolucións de empresas e os concursos. En marzo disolvéronse 115 sociedades mercantís en Galicia, 67 menos que no mes anterior e 9 menos con respecto a hai un ano. Un total de 25 reduciron a súa capital social, rexistráronse dous procedementos de fusión de sociedades  e un de escisión. O mes finalizou con seis empresas afectadas por concurso de acredores, son unha trintena menos que o ano pasado.

Os concursos reducíronse en España case un 34% no primeiro trimestre de 2023 cun total de 988 procedementos, mentres que a creación de empresas aumentou un 10% con 31.027 novas compañías, segundo o informe de Axesor en base ao rexistro mercantil.

Máis información:

https://www.atlantico.net/articulo/economia/creacion-empresas-aumenta-vigo-triple-que-media-espanola/20230405234639977448.html